Usando un creador de mapas conceptuais

A ferramenta coa que practiquei hoxe permite crear esquemas e non é complicado de usar.
Podedes descargala gratuitamente aquí  cmaptools.uptodown.com .


Poño un exemplo breve, referido ao etiquetado de químicos



Frases de advertencia sobre risco e seguridade en químicos

Probando imaxes e Creative Commons


"IMAXENANDO"

O exercicio de hoxe é practicar con imaxes.
Neste caso, aproveito para amosar outra aplicación getloupe,que pode ser moi atractiva para traballar contidos determinados.
Esta aplicación é moi sinxela de usar, e como vedes, permite facer formas usando incluso imaxes desde internet. Supoño que incluirán só as libres de autoría...
Fallos técnicos: quería que ao pinchar, correran as fotos de xeito automático , pero dáme erro. Así que hai que conformarse coa ligazón ao album  :(   Para velo en Picasa pincha aquí .


Un Átomo de Carl Sagan






A Nena de Montessori


A pomba dos dereitos humanos 


Entroidadas :)




"Flickrteando"
Son máis de Instagram (fotos informais), mais uso de vez en cando uso Flickr ....(pinchade para acceder a fotos miñas)...
Esta aplicación permite modificar as licenzas de Creative Commons. Eu permito partillar sempre que se cite a fonte. Non permito a comercialización coas miñas imaxes.







USANDO INFOGRAFÍAS

Non se me ocurría nada orixinal e interesante para maquetar a infografía  así que usei un breve resume de ferramentas que coñecín estes días. Usei easel.ly










CARTACES CON BITSLIDE


Queda moito que explorar nos recursos...de momento, deixo esta mostra de cartaz feito en biteslide.




Algunhas ferramentas para o ensino-aprendizaxe


Aulas virtuaisEdmodo
Eu uso esta plataforma: Resúltame sinxela de usar, intuitiva, e é independente , cuestión a ter en conta se non tes praza fixa nun centro educativo. Evitas ter que andar descargando teus contidos cada vez que marchas dun centro e da súa aula virtual.

Difusión e lecturas e información
Podes partillar información, e ver a que ofrecen outras persoas en  Slideshare e Scribd


Educación e TIC

Evernote, apuntes para sempre evernote
12 formas de usar Evernote totemguard
10 razóns para o uso de Evernote educacioncuatropuntocero
5 consellos para estudantes respecto de Evernote clasesdeperiodismo


Avaliación
Desde dispositivos pequenos (tableta e teléfono) : Avaliación app Eval
Maquetar exames de distintos tipos Hot Potatoes