"IMAXENANDO"
O exercicio de hoxe é practicar con imaxes.
Neste caso, aproveito para amosar outra aplicación getloupe,que pode ser moi atractiva para traballar contidos determinados.
Esta aplicación é moi sinxela de usar, e como vedes, permite facer formas usando incluso imaxes desde internet. Supoño que incluirán só as libres de autoría...
Fallos técnicos: quería que ao pinchar, correran as fotos de xeito automático , pero dáme erro. Así que hai que conformarse coa ligazón ao album :( Para velo en Picasa pincha aquí .
Un Átomo de Carl Sagan
A Nena de Montessori
A pomba dos dereitos humanos
Entroidadas :)
"Flickrteando"
Son máis de Instagram (fotos informais), mais uso de vez en cando uso Flickr ....(pinchade para acceder a fotos miñas)...
Esta aplicación permite modificar as licenzas de Creative Commons. Eu permito partillar sempre que se cite a fonte. Non permito a comercialización coas miñas imaxes.
USANDO INFOGRAFÍAS
Non se me ocurría nada orixinal e interesante para maquetar a infografía así que usei un breve resume de ferramentas que coñecín estes días. Usei easel.ly





Ningún comentario:
Publicar un comentario