Meme altruísta, é un guiño a Richard Dawkins ("O xen egoísta", 1976), quen acuñou este concepto (meme) para referirse á unidade mínima de información social e cultural transmisible entre individuos. Este blog xurde coa pretensión de ser un espazo de difusión e intercambio cultural. Por: Yolanda P.
A mochila: dixital ou tanxible?
Deixovos un artigo interesante que acabo de leer.
¿Cuánto eLearning cabe en una mochila?
A min suxíreme uns cantos pensamentos.
Como que a educación en TIC é cousas de toda a comunidade educactiva. Docentes e discentes. A implicación debe ser de parte a parte, porque postos nesta tesitura, as TIC son equiparables ao uso do bolígrafo, da máquina de escribir, ou do manexo do catálogo da biblioteca.
Como que as TIC non son panacea senón un recurso máis, e como tal, hai que querer usalas, e querer saber usalas.
Como que as TIC non son "malas", senón que o é o seu uso, e esto, ten que ver coa educación e a ética en xeral.
Como que estamos nun sistema que copia padróns de outros lugares, pero a veces co estilo que detestamos : "corta e pega sen procesar a información", e logo sae mal.
As TIC deben estar ao noso servizo, e non nos ao seu. E só aprendendo podemos logralo, e tirar o máximo rendimento sen deixarnos as pestanas no intento.
Teño unha metáfora para este tema, e para outros en xeral ben distinto, como a aprendizaxe de idiomas: cantos máis ladrillos coloque, máis andamios podo ir situando, e á súa vez, máis ladrillos podo colocar. Cantas máis estanterias teña, máis libros podo poñer. Os andamios e as estanterias son os coñecementos xerais sobre un tema (metodoloxías educativas, linguas, clasificacións, programas informáticos...)
"Canto máis sei, máis podo saber" digo eu
"Nalgures, algo increíble está esperando a ser coñecido" decía Carl Sagan
Saudiños e a traballar por unha sociedade máis digna e cooperante.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario