Que esconde o mercado da telefonía?

A xusta medida é xusta : cantidade e respecto van da man no consumo e comercio das tecnoloxías.
Deixovos unha serie de enlaces para reflexionar, e para mudar as tornas, no que podades.


A mochila: dixital ou tanxible?


Deixovos un artigo interesante que acabo de leer.
¿Cuánto eLearning cabe en una mochila?

A min suxíreme uns cantos pensamentos.
Como que a educación en TIC é cousas de toda a comunidade educactiva. Docentes e discentes. A implicación debe ser de parte a parte, porque postos nesta tesitura, as TIC son equiparables ao uso do bolígrafo, da máquina de escribir, ou do manexo do catálogo da biblioteca.
Como que as TIC non son panacea senón un recurso máis, e como tal, hai que querer usalas, e querer saber usalas.
Como que as TIC non son "malas", senón que o é o seu uso, e esto, ten que ver coa educación e a ética en xeral.
Como que estamos nun sistema que copia padróns de outros lugares, pero a veces co estilo que detestamos : "corta e pega sen procesar a información", e logo sae mal.

As TIC deben estar ao noso servizo, e non nos ao seu. E só aprendendo podemos logralo, e tirar o máximo rendimento sen deixarnos as pestanas no intento.

Teño unha metáfora para este tema, e para outros en xeral ben distinto, como a aprendizaxe de idiomas: cantos máis ladrillos coloque, máis andamios podo ir situando, e á súa vez, máis ladrillos podo colocar. Cantas máis estanterias teña, máis libros podo poñer. Os andamios e as estanterias son os coñecementos xerais sobre un tema (metodoloxías educativas, linguas, clasificacións, programas informáticos...)
"Canto máis sei, máis podo saber" digo eu
"Nalgures, algo increíble está esperando a ser coñecido" decía Carl Sagan

Saudiños e a traballar por unha sociedade máis digna e cooperante.



Test de contidos

Logo de ver uns cantos recursos, imos facer unha proba sobe algúns dos contidos...Son 15 preguntas verdadeiro /falso, con 40 segundos para respostar. Levan asociada a explicación correspondente.
Está feita esta batería con Exam Time.
Unha vez que reamatades o test, dávos un gráfico de resultados, e a opción de repetir ou revisar...


Por exemplo...










Pincha aquí para aceder ao Test FERRANUB
















Usando un creador de mapas conceptuais

A ferramenta coa que practiquei hoxe permite crear esquemas e non é complicado de usar.
Podedes descargala gratuitamente aquí  cmaptools.uptodown.com .


Poño un exemplo breve, referido ao etiquetado de químicos



Frases de advertencia sobre risco e seguridade en químicos

Probando imaxes e Creative Commons


"IMAXENANDO"

O exercicio de hoxe é practicar con imaxes.
Neste caso, aproveito para amosar outra aplicación getloupe,que pode ser moi atractiva para traballar contidos determinados.
Esta aplicación é moi sinxela de usar, e como vedes, permite facer formas usando incluso imaxes desde internet. Supoño que incluirán só as libres de autoría...
Fallos técnicos: quería que ao pinchar, correran as fotos de xeito automático , pero dáme erro. Así que hai que conformarse coa ligazón ao album  :(   Para velo en Picasa pincha aquí .


Un Átomo de Carl Sagan






A Nena de Montessori


A pomba dos dereitos humanos 


Entroidadas :)




"Flickrteando"
Son máis de Instagram (fotos informais), mais uso de vez en cando uso Flickr ....(pinchade para acceder a fotos miñas)...
Esta aplicación permite modificar as licenzas de Creative Commons. Eu permito partillar sempre que se cite a fonte. Non permito a comercialización coas miñas imaxes.







USANDO INFOGRAFÍAS

Non se me ocurría nada orixinal e interesante para maquetar a infografía  así que usei un breve resume de ferramentas que coñecín estes días. Usei easel.ly










CARTACES CON BITSLIDE


Queda moito que explorar nos recursos...de momento, deixo esta mostra de cartaz feito en biteslide.




Algunhas ferramentas para o ensino-aprendizaxe


Aulas virtuaisEdmodo
Eu uso esta plataforma: Resúltame sinxela de usar, intuitiva, e é independente , cuestión a ter en conta se non tes praza fixa nun centro educativo. Evitas ter que andar descargando teus contidos cada vez que marchas dun centro e da súa aula virtual.

Difusión e lecturas e información
Podes partillar información, e ver a que ofrecen outras persoas en  Slideshare e Scribd


Educación e TIC

Evernote, apuntes para sempre evernote
12 formas de usar Evernote totemguard
10 razóns para o uso de Evernote educacioncuatropuntocero
5 consellos para estudantes respecto de Evernote clasesdeperiodismo


Avaliación
Desde dispositivos pequenos (tableta e teléfono) : Avaliación app Eval
Maquetar exames de distintos tipos Hot Potatoes